O goberno de Vigo paraliza a retirada dos dispositivos aos beneficiarios da teleasistencia
Así o anunciou hoxe mércores o alcalde, despois de que a empresa retirase preto dun centenar de aparatos tras a decisión da Deputación e do Goberno de España de eliminar a prestación deste servizo na cidade. Caballero estima que o próximo martes iniciarase a reposición dos mesmos aos usuarios, agora pagado polo Concello.
Abel Caballero informou este mércores da instrución dada á empresa que presta o servizo de teleasistencia de paralizar desde hoxe a retirada dos dispositivos aos usuarios, proceso que Eulen iniciou tras decidir a Deputación de Pontevedra e o Goberno de España deixar de ofrecelo en Vigo.
O Concello, que asume o gasto da teleasistencia, detén a retirada e agarda poder asinar o contrato coa empresa o luns, para iniciar desde o próximo martes a reposición dos aparatos a aqueles usuarios a quen lle foron retirados. "Iso é o que realmente nos importa", asegurou Caballero, que os preto de 600 usuarios manteñan este servizo.
Por outra banda, o alcalde esgrimiu o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Lei 13/2008 de Servizos Sociais para ratificar que as competencias na materia pertencen á Xunta de Galicia, a quen o goberno local reclamará o gasto na prestación da teleasistencia.
Neste sentido, Caballero indicou que o departamento xurídico municipal xa estuda a presentación dun recurso contra a Deputación de Pontevedra por "discriminar" aos cidadáns de Vigo, xa que o ente provincial si asume a teleasistencia nos municipios de menos de 20.000 habitantes. O rexedor estima que "va en contra das leis" discriminar a cidadáns polo tamaño dos municipios nos que viven.
Descargar todas as imaxes