Escoitar

O "Cidade de Vigo" de violín e violonchelo traerá ao Mercantil a 36 participantes de toda Galicia

O alcalde presentou este mércores cos seus organizadores este evento, que terá lugar do 4 ao 6 setembro no Círculo Mercantil da cidade. Trátase dun concurso de ámbito galego que, na súa segunda edición, engade o violonchelo e contará con 36 instrumentistas de ata 19 anos.

mércores, 23 xan 2013
1358945361violin.jpg
Xunto á presidenta da Asociación Galega de Instrumentos de Corda, Elizabeth Taylor, Abel Caballero salientou na presentación que esta cita traerá a Vigo a "xente nova de gran calidade" tanto no violín como no violonchelo, modalidade que se inclúe como novidade nesta segunda edición. Serán 26 os concursantes que optarán aos premios, divididos en tres tramos de idade: ata 12, de 12 a 16 e de 16 a 19 anos.
Descargar todas as imaxes