O Concello inicia o proceso para derrubar o edificio do Castelo e descubrir a muralla do Castro
Segundo informou Caballero, o goberno local está inmerso no proceso técnico para derrubar o edificio do Castelo e, unha vez aprobado o orzamento municipal, licitar e contratar os traballos para "descubrir de novo a muralla" do Castelo do Castro. O alcalde estima que en seis meses podería estar rematado o derrubo.
O Concello de Vigo traballa actualmente no procedemento técnico para derrubar o edificio anexo ao Castelo do Castro, unha vez recibida a autorización da Xunta de Galicia, tal e como informou hoxe mércores o alcalde.
Abel Caballero avanzou que os orzamentos municipais para 2013 contemplan 240.000 euros para a obra de derrubo, que será licitada e contratada tan pronto as contas do Concello, en proceso de exposición pública, entren en vigor definitivamente. O alcalde calcula que no prazo de seis meses podería estar derrubado o edificio e liberada a muralla.