Escoitar

O alcalde avanza que a construcción da piscina de Navia comezará este ano

O Concello iniciará este ano a construcción da piscina de Navia, nun proxecto deportivo que incluirán 8 pistas de pádel, e dúas novas pistas deportivas -unha para fútbol 7 e outra para balonmano ou baloncesto-. Así o explicou esta mañá durante unha visita ao barrio para presentar o conxunto da actuación, que inclúe, segundo avanzou hai uns días, case 600 novos aparcamentos aos que hai que sumar outros 266 na urbanización deste novo complexo deportivo.

xoves, 24 xan 2013
1359032226navia.JPG
Abel Caballero achegouse hoxe xoves a Navia para presentar o conxunto de actuacións previstas para esta zona e que se suman ás anunciadas hai apenas uns días. Concretamente, o rexedor avanzou a construcción dunha piscina este mesmo ano -cun vaso de natación, outro de aprendizaxe, de wellness, con xinmasios, salas de actividades e vestiarios-; 8 novas pistas de pádel -preto do campo de fútbol actual-; un novo campo de fútbol 7, outro de balonmano ou baloncesto e ao redor de 266 novas prazas de aparcamento. Tal e como explicou, a construcción destas instalacións comezarán este mesmo ano.

Ás canchas deportivas, hai que sumar a horta urbana, e as 600 prazas de aparcamento previstas dentro deste plan de actuación (ao marxe das previstas no conxunto do complexo deportivo). A este respecto, matizou, as prazas previstas entre edificios serán consensuadas coas comunidades de propietarios e o seu diseño "será moi respectuoso co medio ambiente", seguindo o modelo das prazas da Universidade, que non son asfaltadas "porque non imos a obrigar a ninguén a ter un aparcamento que no precisa ou non quere". O rexedor engadiu que establecerán aparcamentos en toda a zona periférica e se prohibirán expresamente vehículos pesados, incluíndo os camións de feiras, que ata o de agora estacionaban nesta zona.

Seguindo coa circulación, anunciou unha nova saída ao tráfico desde o que se coñece popularmente como "o codo de Teixugueiras" cara á circunvalación, unha conexión moi importante co resto da cidade. Tamén haberá unha saída peonil, que ata o de agora non existe, ademais de seguir a traballar coa Xunta noutra saída a pé a través do túnel, competencia autonómica.
Descargar todas as imaxes