xoves, 7 set 2017
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde ao expediente de contratación das obras que mellorarán esta zona de San Roque, que se une á humanización xa prevista na rúa Colombia.
xoves, 7 set 2017
O goberno local aprobou esta mañá a contratación dos traballos de mellora da pavimentación de García Olloqui e Praza Compostela por un importe de 1,2 millóns de euros e un prazo de execución de seis meses. O rexedor explicou que con esta actuación se arranxará a "chapuza" de humanización que realizou o goberno do PP en Vigo hai unha década.
luns, 14 ago 2017
Segundo apuntou Caballero, a Xunta de Goberno Local autorizou o cambio do trazado da segunda fase das escaleiras mecánicas que unen Porta do Sol con Abeleira Menéndez, para salvar unha galería histórica e evitar danos na cimentación da muralla do século XVII atopadas nos sondaxes arqueolóxicas.
venres, 11 ago 2017
Segundo apuntou o rexedor, o obxectivo do Concello é ampliar as instalacións que emprega a Banda de Música da Escola. Amais o Concello destinará 165.000 euros á instalación de novos bancos na cidade e 130.000 para renovar árbores e plantas.
venres, 11 ago 2017
Caballero informou da aprobación do proxecto da segunda fase da humanización de Marqués de Valterra, por máis de 870.000 euros. Nesta vía o Concello instalará dous ascensores que conectarán con Conde de Torrecedeira: un á altura da rúa Instituto Oceanográfico e outro, en Juan Ramón Jiménez.
mércores, 9 ago 2017
O alcalde avanzou este mércores que a Xunta de Goberno Local aprobará mañá a clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para redactar os proyectos de humanización da Estrada do Porto e da Estrada Provincial. Caballero recordou que son dúas demandas históricas na cidade que finalmente se reformarán con investimento do Concello e da Deputación.
xoves, 3 ago 2017
"Queremos facela unha rúa digna dos seus cidadáns", anunciou o alcalde que explicou que se financiará con cargo ao Superávit de 2016. <br />
xoves, 20 xul 2017
Tras o remate das obras, o alcalde visitou este xoves o tramo comprendido entre Travesía de Vigo e Escultor Gregorio Hernández e adiantou que, coa inversión de máis de 2 millóns de euros do superávit, o goberno completará toda a rúa.
luns, 17 xul 2017
Abel Caballero explicou este luns que se está executando o rebaixe das beirarrúas en 16 pasos de peóns para facelos accesibles, unha medida xa incorporada en cada humanización feita en Vigo. O Concello xa rebaixou tres pasos na rúa Pateira e traballa hoxe na rúa Faisán 19.
xoves, 13 xul 2017
O alcalde visitou este xoves a humanización de Doutor Corbal, en Teis, onde o goberno vigués investiu case medio millón de euros. Caballero puxo en valor o maior espazo ante o colexio San Xosé da Guía, que inclúe unha estación metereolóxica con fins didácticos, e a placa de bronce ao doutor Césareo Corbal, o coñecido como "médico dos pobres".