xoves, 16 dec 2021
Aprobado este xoves, o goberno vigués licita o subministro de enerxía ás instalacións municipais para un ano, por importe de 6,5 millóns de euros. Como novidade, segundo puxo en valor o alcalde, a esixencia de que a electricidade proceda de fontes 100% renovables.
mércores, 15 dec 2021
Abel Caballero informou este mércores do inicio das obras de reparación “de emerxencia” nos vestiarios e aseos das instalacións das pistas de atletismo, que se prolongarán quince días.
luns, 13 dec 2021
O alcalde participou este luns na colocación simbólica da primeira pedra das obras desta “gran actuación” coa que a rúa Urzáiz quedará comunicada por escaleira mecánica con San Roque, Colombia e Couto de San Honorato.
mércores, 1 dec 2021
A humanización do espazo desenvolverase durante seis meses co obxectivo de “naturalizalo”, tal e como apuntou o alcalde durante o acto simbólico de colocación da primeira pedra celebrado este mércores.
mércores, 24 nov 2021
Co voto a favor de tódolos grupos municipais agás a abstención do PP, o Pleno Municipal aprobou este mércores a moción socialista na que se demanda ao goberno autonómico dotación orzamentaria para mellorar as PO-325, PO-330 e PO-552.
xoves, 18 nov 2021
O alcalde deu conta este xoves da adxudicación provisional dunha axuda de 250.000 euros para elaborar proxectos piloto para a Axenda Urbana e agradeceu ao Goberno de España que, con esta decisión, sitúe a Vigo como “cidade adiantada” nestes proxectos.
xoves, 18 nov 2021
Abel Caballero asegura ser “aliado dos motoristas” e enumera as actuacións de seguridade coa instalación de biondas en máis de 50 rúas municipais.
xoves, 18 nov 2021
A sexta e última fase da remodelación foi adxudicada este xoves na Xunta de Goberno Local, segundo informou Abel Caballero, os últimos 310 metros pendentes de reformar para os que Vigo reserva 570.000 euros de orzamento. Ademais, o goberno vigués tamén adxudicou a mellora do entorno do torreiro de Valladares.
xoves, 18 nov 2021
Caballero informou este xoves da adxudicación das obras da segunda fase das cincas mecánicas, desde Venezuela ata Nicaragua, obras que foron licitadas por 4,2 millóns de euros de orzamento. O alcalde indicou que os traballos durarán oito meses e comezarán en xaneiro, concluída a campaña do Nadal.
venres, 5 nov 2021
Este venres tivo lugar a colocación da primeira pedra da obra, que prolongará a remodelación da avenida ata a rúa Merlo. O alcalde subliñou que o investimento en Gregorio Espino supera os catro millóns e continuará nun próxima fase ata a estación de autobuses. Caballero cifrou en 84 millóns os investimentos municipais en marcha neste momento.