Escoitar

Abel Caballero sobre a obra da Praza da Igrexa: “Vai ser un edificio de utilización global para toda a cidade”

O rexedor mantivo unha xuntanza cos gañadores do concurso de ideas para transmitir a idea da utilización e orientar os deseños.

luns, 26 xul 2021

Abel Caballero amosou a satisfacción pola rexeneración do ámbito da Praza da Igrexa co novo edificio que fará o estudo de arquitectura LIQE, que gañou o concurso de ideas organizado polo Concello ci proxecto “Mutante”

Caballero explicou na xuntanza quere transmitir aos arquitectos a idea dos usos para así adecuar os espazos: “Pode ser para una pequena representación teatral, manter xuntanzas, facer debates ou exposicións”, sinalou. Ademais, quixo subliñar que “vai ser un edificio de utilización global para toda a cidade e que todos os edificios municipais deber ser para á xente e non para minorías.”

O rexedor lembrou en rolda de prensa que o resultado final da obra ocupará os números 6, 7, 8, 9, 10 e 11 que converteranse nunha única edificación de baixo e dous andares.

Respecto aos prazos, o rexedor acordou 4 meses para redactar o proxecto básico de execución e nos próximos seis meses iniciarase a licitación das obras.

Descargar todas as imaxes