Escoitar

Abel Caballero louva a calidade de Xisco Feijóo, que actúa o luns en Beade

O artista e profesor da escola municipal E-Trad ofrece un concerto o luns ás 21h en Beade, nas festas patronais de Santa Ana, para presentar o seu novo traballo: PEIXE. Editado como unha conserva, o artista traza unha mistura de vangarda e tradición ao longo das súas cancións. Feijóo vén de colaborar en distintos espectáculos con voces da categoría de Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Carlos Núñez, Berrogüetto ou Rodrigo Romaní, entre outros.

venres, 23 xul 2021
Xisco Feijóo dedicou unha copia do seu novo traballo ao alcalde, Abel Caballero
Xisco Feijóo dedicou unha copia do seu novo traballo ao alcalde, Abel Caballero

“Colaborou cos mellores de Galicia porque é un dos mellores de Galicia”, asegurou Caballero durante a presentación do concerto e do seu disco, PEIXE, no que afronta a “música tradicional con mirada contemporánea”.

Pola súa banda, Xisco Feijóo agradeceu ao Concello a oportunidade de presentar o seu novo traballo nas festas de Santa Ana, concerto ao que invitou a toda a cidadanía. Sobre o “formato orixinal” do disco, o autor explicou que “que máis tradición que a industria conserveira para a nosa costa, para Galicia e para Vigo en particular”, ao tempo que subliñou que sete dos nove músicos que participan en PEIXE están vinculados á escola municipal E-Trad.

Descargar todas as imaxes