O Servizo de Axuda no Fogar incorpora o servizo de apoio psicolóxico a persoas usuarias e coidadoras
Este novo servizo súmase aos que xa comenzaran en abril de psicoloxía, podoloxía – moi demandado – e salón de peiteado, ademais do programa “Vente al cine con el concello”.
O Servizo de Axuda no Fogar conta co novo servizo de obradoiros duais de apoio psicolóxico a persoas usuarias e coidadoras. Abel Caballero sinalou en rolda de prensa a importancia deste novo servizo que se suma aos xa existentes, e máis novos, de psicoloxía, podoloxía – moi demandado – e salón de peiteado, ademais do programa “Vente al cine con el Concello” que se leva a cabo todos os xoves durante o verán.
Segundo dixo en rolda de prensa o alcalde, o obradoiros serán os xoves na oficina municipal de distrito en Teis. Terán unha duración de hora e quince minutos e comezarán as 12 do mediodía.
As persoas usuarias terán obradoiros de ocio, dinámicas lúdicas, intervención a través de accións que favorezan a autoestima e a autonomía personal, algo “moi importante”, dixo o rexedor.
Por outra banda, as coidadoras terán obradoiros de psicoeducación e apoio emocional, obradoiros de autocoidado e xestión emocional e formación dun grupo de soporte emocional para brindar apoio psicolóxico a persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia.