O Concello promove a decoración de 13 medianeiras da cidade entre o 19 e o 27 de marzo

xoves, 5 mar 2015

Trece artistas da cidade comezarán o próximo día 19 de marzo a pintar sobre outros tantos espazos públicos da cidade. Dando inicio así, explicou o rexedor, ao Primeiro programa de tratamento de medianeiras e outros espazos urbanos deteriorados e outras actuacións sobre os espazos públicos. "Vigo, unha cidade de cor", contará con actividades paralelas en centros escolares e na rúa con espectáculos de danza, mapping ou obradoiros para nenos.

O goberno local avanza na Cidade da Xustiza coa tramitación dos dereitos de realoxo dos afectados

venres, 27 feb 2015

O alcalde denunciou que Vigo xa destinou 5 millóns para a nova sede xudicial e a Xunta de Galicia, encargada de construila, non ten orzamento ao efecto. Caballero informou que na Xerencia de Urbanismo deste venres deuse conta da resolución pola que o Concello inicia o procedemento para o recoñecemento e determinación da forma de materialización dos dereitos de realoxo dos afectados pola expropiación dos terreos.

O Concello tramita a ampliación do polígono de Balaídos a expropiación do solo para a Cidade da Xustiza

venres, 20 feb 2015

Segundo informou Caballero, a Xerencia de Urbanismo deste venres aprobou o proxecto de expropiación dos terreos para a futura Cidade da Xustiza de Vigo, con case 2,5 millóns de investimento, e iniciou igualmente a tramitación para contratar a redacción da ampliación do polígono industrial de Balaídos, "determinante para o futuro" da factoría de PSA en Vigo.

O Concello suma 2,6 millóns para os terreos da Cidade da Xustiza e Caballero solicita á Xunta partida económica para a súa construción

venres, 13 feb 2015

A Xerencia de Urbanismo deste venres, tal e como informou o alcalde, acordou a adxudicación dunha nova vivenda municipal de República Argentina 12-14. O goberno local conta agora con case 2,6 millóns para expropiar os terreos da futura Cidade da Xustiza, mentres que a Xunta de Galicia carece de partida orzamentaria para a súa construción, segundo denunciou Caballero.