venres, 12 dec 2014
Segundo explicou hoxe venres o alcalde, o goberno local acordou iniciar o procedemento administrativo para expropiar sobre 4.500 metros cadrados para edificar a futura Cidade da Xustiza viguesa, nuns terreos próximos ás actuais dotacións xudiciais. Caballero manifestou que a operación non terá coste patrimonial para o Concello.
venres, 5 dec 2014
A Xerencia municipal de Urbanismo aprobou os pregos de condicións e abriu o proceso de adxudicación por poxa pública dunha parcela de 329 metros cadrados na rúa Miragaia, no entorno de Rosalía de Castro. O prezo de saída é de 1,1 millóns de euros e podería aloxar unha edificación de 29 vivendas.
martes, 2 dec 2014
A grupo de supermercados Lidl conta na avendia de A Florida cun novo establecemento no que traballan 14 personas nunha superficie de 1.200 m2. Así o constataron esta mañá de martes o alcalde e a responsable de Urbanismo, Carmela Silva durante una visita ao establemento que supón o número trinta desta cadea en Galicia.
venres, 28 nov 2014
O alcalde deu conta esta mañá do avance dos procedementos administrativos que permitirán sacar a poxa pública 4 parcelas en A Tomada (Navia) e 1 en Rosalía de Castro. Na Xerencia de Urbanismo tamén se deu conta das 357 comunicacións previas rexistradas en setembro, un 7,5 máis que no mes de agosto.
venres, 21 nov 2014
A Xerencia de Urbanismo, segundo informou este venres o alcalde, deu conta do inicio da tramitación dunha modificación puntual do PXOM para a redefinición do vial municial Estrada da Venda, un cambio "de gran importancia" ao facer posible a ampliación do PTL.