venres, 22 xuñ 2018
O alcalde cualificou esta mañá de "magníficos" os datos que vén de facer públicos o INE sobre o turismo en Vigo que confirman que as pernoctacións rexistradas en maio son as máis altas desde que hai rexistros oficiais.
xoves, 21 xuñ 2018
Abel Caballero informou este xoves da adxudicación do contrato de promoción turística que permitirá, entre outras accións, a conexión de Vigo cos catro destinos con Air Nostrum. O contrato, con vixencia ata 2020, presenta un importe de 3.365.000 euros.
venres, 25 mai 2018
"Esiximos que a Xunta de Galicia cumpra coa súa competencia y poña en marcha un autobús directo entre a cidade e o aeroporto", explicou o concelleiro Jaime Aneiros.
xoves, 5 abr 2018
Abel Caballero destacou hoxe o valor didáctico do programa "Vigo historia 2018: A Reconquista" no que participarán ata mañá 6 de abril uns 350 estudantes de diferentes centros de Vigo. Esta iniciativa divulgativa está deseñada para achegar a estudantes de Primaria aos fitos históricos que se celebran nesta festa.
venres, 16 mar 2018
O alcalde amosou a súa "preocupación" coa situación do tren de Vigo a Madrid, tras afundirse nun tramo da vía en Arbo e quedar cortada a conexión con Ourense. O rexedor alertou de que a falta de conexión xa está a provocar problemas para a afluencia turística á cidade en Semana Santa.
xoves, 22 feb 2018
Caballero destacou este xoves a boa marcha do turismo en Vigo xa que ao crecemento dun 10% da cifra de visitantes en xaneiro hai que sumar un aumento do 24% das pernoctacións. Segundo datos do INE, trátase do mellor mes de xaneiro desde 2008.
martes, 20 feb 2018
Tras sumar un 11,2% máis de viaxeiros en xaneiro sobre o mesmo mes de 2017, Caballero avogou este martes por continuar reforzando o aeroporto e ultima unha licitación para abrir unha ruta todo o ano a Londres, reforzar París e renovar Valencia e Sevilla. Ademais, o alcalde demandou á Xunta un bus directo a Peinador como o que paga entre Santiago e Lavacolla.
luns, 29 xan 2018
O Concello inicia este luns a campaña no Estadio Municipal. Abel Caballero destaca a implicación cidadá e anuncia o comezo da captación de voluntarios para promover a candidatura á Patrimonio da Humanidade.
mércores, 24 xan 2018
O turismo medrou en Vigo máis dun 15% en 2017 respecto ao ano anterior, o que supón un crecemento superior ao do resto de cidades de Galicia. Tel e como explicou Caballero foi un ano "colosal" que permitiu apuntalar o turismo como unha pata da economía.
martes, 23 xan 2018
"Será un espazo esencial para o intercambio de coñecementos e daranos un impacto internacional", destacou Caballero. Tal e como presentaron esta mañá, o congreso será os días 20, 21 e 22 de xuño no Auditorio Mar de Vigo.