mércores, 13 mar 2019
O alcalde explicou este mércores que as dúas entidades crearán un "comité permanente" de información co fin de que o sector hostaleiro, hoteleiro e comercial coñeza con antelación os eventos organizados polo Concello con capacidade de atracción turística.
martes, 12 mar 2019
Abel Caballero valorou esta mañá os datos do aeroporto de Vigo no mes de febreiro, período no que os pasaxeiros creceron nun 7,4% respecto a 2018. Unha cifra que se eleva a 143.129 tendo en conta o acumulado do ano.
venres, 25 xan 2019
Abel Caballero valorou a presenza de Vigo na Feira Internacional de Turismo (FITUR) celebrada en Madrid onde presentou a oferta turística para este ano, logo de un mes de decembro con datos "extraordinarios" na cidade. Sinalou que houbo "niveis de ocupación impensables en hoteis, niveis de afluencia impensables e nivel de visitantes impensable" en Vigo e todo isto grazas "ao noso proxecto de luces e de Nadal" polo que, apuntou, "temos que ser capaces de incorporarnos masivamente ao ámbito turístico desde Vigo e ser ambiciosos nesta dimensión". Avanzou o rexedor que o Concello prepara o Entroido xa coa idea de que "trema Río de Xaneiro, que imos alá".
xoves, 24 xan 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este xoves na Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid a cidade olívica como un destino "sen límites" de atractivos e tamén de oportunidades para visitala ao longo do ano.
luns, 21 xan 2019
Abel Caballero trazou este luns as liñas principais da presentación da cidade na Feira Internacional de Turismo, este xoves en Madrid. Xunto ao alumeado de Nadal, Vigo amosará o seu Entroido, a Reconquista, as festas do verán, a súa cultura, gastronomía e natureza, co reclamo da candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade.
luns, 14 xan 2019
O alcalde valorou este luns o "crecemento excepcional" de Peinador, que en 2018 sumou 1.130.000 pasaxeiros, un 6% máis que o ano anterior, como consecuencia do "apoio que estamos a dar desde o Concello". Caballero avanzou que o goberno de Vigo traballa para ter un voo a Londres todo o ano e ultima un concurso público.
xoves, 25 out 2018
O goberno de Vigo programa distintos actos para a tarde-noite do próximo mércores, 31 de outubro, tanto na Porta do Sol como na peonil do Calvario, diante do mercado. Abel Caballero invitou aos máis pequenos "a gozar do Samaín na cidade"
mércores, 10 out 2018
Organizadas polo Concello de Vigo, o cemiterio de Pereiro acollerá durante os meses de outubro e novembro unha nova edición das rutas guiadas para coñecer o patrimonio histórico e cultural. As visitas chegan de novo co gallo do Samaín e nesta ocasión as personaxes históricas serán Cachamuíña, Irene Ceballos, Concepción Arenal e a Marquesa de Valadares.
xoves, 13 set 2018
Concello e Attica 21 Hoteis SLU asinaron esta mañá a escritura notarial de venda do antigo hotel Samil por un prezo de 3,2 millóns de euros. A adxudicataria prevé investir máis de 20 millóns e está previsto que os traballos de construción do novo complexo arranquen a principios de 2019.
venres, 24 ago 2018
As cifras de turismo rexistradas ata o mes de xuño en Vigo apuntan a un novo incremento da chegada de visitantes e a un récord total con 229.000 visitas e 440.000 pernoctas. O alcalde valorou os datos e destacou que "a cidade xa foi capaz de ter a súa propia pata turística" ata converterse "no segundo lugar máis visitado de Galicia" grazas ás Cíes.