venres, 28 dec 2018
O goberno de Vigo acordou non executar a prórroga da concesión do autobús urbano -formalizada en 1995-, segundo informou o alcalde este venres, co obxectivo de adaptar e modernizar o servizo cun novo concurso. Ademais, Abel Caballero anunciou que as tarifas do VITRASA -ordinaria e bonificadas- non subirán o próximo ano.
xoves, 13 dec 2018
O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo, Abel Caballero, agradeceu o traballo do novo Executivo no avance dun proceso que se quedou estancado e lembrou que a medida non supón custo para o Estado. Representantes das Plataformas e sindicatos deste sector agradeceron o traballo da FEMP e recoñeceron o esforzo negociador de todas as partes.
mércores, 12 dec 2018
Os taxistas vigueses trasladarán o próximo xoves día 20 a máis de 180 maiores das súas residencias ata o centro da cidade para que poidan gozar do alumeado de Nadal.
venres, 7 dec 2018
Haberá dúas saídas máis ás 22:00 e 23:00 horas todos os venres e sábados. O Concello de Vigo mantén os percorridos das 18:30, 19:30 e 20:30 horas.
venres, 30 nov 2018
O alcalde de Vigo celebrou este venres as novas rutas da compañía aérea Air Nostrum para o vindeiro verán. "Esta é a proba de que o aeroporto de Vigo funciona pese a algúns", sinalou Abel Caballero.
mércores, 28 nov 2018
Esta é a primeira acción da campaña de promoción lectora que promove o Concello xunto coa Editorial Galaxia e Vitrasa para promover o galego entre as persoas usuarias do transporte público urbano.
xoves, 22 nov 2018
O alcalde explicou que mañá venres, co fin de favorecer os desprazamentos no centro da cidade con motivo do Black Friday, a liña de autobús urbano C1 amplía o seu horario realizando a última saída ás 23:30 horas e incrementa a súa frecuencia pasando cada cinco minutos, mentres a liña C2 fará a última saída ás 23:20 horas.
mércores, 21 nov 2018
O alcalde de Vigo avanzou este mércores as medidas de tráfico que vai tomar o Concello o día do acendido da iluminación navideña e o resto do Nadal. Abel Caballero advertiu de que as previsións meteorolóxicas aínda poden obrigar a modificar a data de acendido.
luns, 19 nov 2018
O alcalde visitou este luns as instalacións da empresa Esycsa que se encarga do funcionamento e mantemento da rede semafórica viguesa, onde eloxiou a "excepcional" tecnoloxía que empregan.
venres, 16 nov 2018
A Policía Local controla unha media mensual de 170 ordes de afastamento de mulleres vítimas de violencia de xénero, unha das accións que desenvolve a unidade da EVAP que fixo ao Concello merecedor dun novo Premio Menina. Trátase da terceira distinción que recibe o Concello pola súa labor na loita contra a violencia machista.