Escoitar

O Concello pon en marcha un plan para dotar aos residentes no Casco Vello de prazas de aparcamento

O alcalde de Vigo avanzou este mércores que xa están deseñando actuacións para solucionar a carencia de prazas de aparcamento na zona histórica da cidade. "Xa din instrucións para un plan de choque que facilite prazas, faremos un redeseño do espazo existente buscando fórmulas", sinalou Abel Caballero.

mércores, 13 feb 2019
1550066482130219AlcaldeRuedaPrensa.JPG
O Concello de Vigo xa traballa nun plan de choque para facilitar aso residentes no Casco Vello prazas nas que aparcar os seus vehículos. O alcalde, Abel Caballero, sinalou este xoves que xa están en marcha diversas actuacións que permitirán habilitar novos espazos na zona vella da cidade.

"Estou a buscar solucións, pero quero volver a repetir que as actuacións do Concello retirando vehículos foi a petición dos residentes, porque dixeron que aquelo era un caos, non poden dicir unha cousa antes e agora outra", explicou o rexedor aos medios de comunicación durante a súa rolda de prensa.

Caballero admitiu que "hai un problema" e asegurou que se vai a resolver. "Xa din instrucións para un plan de choque que facilite prazas, faremos un redeseño do espazo existente buscando fórmulas que nos permitan aumentar número de aparcamentos", sinalou.

Segundo apuntou, de inmediato vaise a instalar un novo sistema de entrada que non incorpora pivotes, senón lectura de matrículas, de forma que a Policía Local coñece no momento a través das cámaras quen entra con permiso.

"Non haberá pivotes, o que utilice un coche sen autorización será multado, haberá autorizacións temporais para carga e descargar e permanentes para os residentes. Así, eliminamos un número moi importante de vehículos que circulan polo Casco Vello sen permiso", afirmou.

O Concello tamén instará ao Consorcio do Casco Vello a que de forma inmediata habilite tantas prazas como vivendas vendidas e o rexedor propuxo convenios con aparcamentos da contorna para que se fagan "tantas prazas como vivendas rehabilitadas vendidas".

A medio prazo, o alcalde apuntou que haberá tamén espazos para os veciños no aparcamento da Porta do Sol e na ampliación do parking das Avenidas. "Sabemos que hai unha gran demanda de Casco Vello, poderán utilizar o robotizado e todo os aparcamentos están conectados, vamos a dedicar no menos de 200 prazas en Laxe e nas Avenidas para residentes", asegurou.

A mesma fórmula servirá para os veciños do Casco Vello Alto no aparcamento da Praza do Rei e o Concello buscará habilitar zonas do Paseo de Granada. "Xa lanzamos o concurso de ideas para Praza do Rei, aí necesitamos moitos máis aparcamentos, tamén no novo aparcamento da Panificadora e no Barrio do Cura", abundou.

Respecto ás críticas do PP, Abel Caballero mostrouse sorprendida e indicou que "seguen en campaña electoral", para a continuación recriminar que "a Xunta non nos ceda a parcela para o parking gratuíto no Hospital, non teñen credibilidade ningunha".
Descargar todas as imaxes