venres, 15 febreiro 2019

Vigo liderará con Vodafone o proxecto piloto para implantar a tecnoloxía 5G

Abel Caballero avanzou este venres que o Concello de Vigo e Vodafone presentarán de forma conxunta ante o Ministerio de Economía o seu proxecto para a implantación de tecnoloxía 5G na cidade. "A experiencia coloca a Vigo no punto de mira e atención de toda Europa, no lugar dominante das novas tecnoloxías", apuntou o alcalde.

O goberno local inicia a última fase da humanización de Venezuela, onde inviste 5 millóns

venres, 15 feb 2019

A remodelación do tramo entre Marqués de Alcedo e Taboada Leal xa está en obras, cun orzamento de 657.000 euros, explicou Abel Caballero. Contando co novo parque infantil, o goberno vigués adica cinco millóns de euros á remodelación de toda Venezuela. O alcalde subliñou a igual atención no centro e no rural, e citou como exemplo os 3,5 millóns da humanización da Estrada do Porto.

O Concello divulga entre os escolares o Vigo de Verne cunha representación teatralizada

venres, 15 feb 2019

Abel Caballero achegouse este venres ata a escultura ao autor de Nantes, onde case que medio centenar de alumnos do Colexio Losada participaron na actividade municipal "Vigo le a Verne", en colaboración con distintas editoriais. O obxectivo é facilitar o coñecemento da obra de Verne e a súa relación coa cidade, en particular o capítulo adicado a Vigo en "20.000 leguas baixo dos mares".