xoves, 14 feb 2019
Abel Caballero valorou como "mala noticia" que os orzamentos do Estado non fosen aprobados pero apunta que "non afecta á cidade porque está todo asegurado" á marxe dos Presupostos.
xoves, 14 feb 2019
O Concello, que xa conta cunha decena de informes sectoriais, traballa na notificación dos propietarios pendentes (o 19% do total) a través do BOE e na resolución das alegacións presentadas. Abel Caballero subliñou o "nivel de acordo" dos titulares cun proxecto municipal que devolverá a edificabilidade en máis dun terzo da cidade.
xoves, 14 feb 2019
Abel Caballero informou este xoves da aprobación das bases e convocatoria do coñecido como cheque social, 1.640.000 euros en axudas para pagos de vivenda, enerxía e alimentación para familias con escasos recursos. Ademais, outros 842.00 euros serán par fondos de emerxencias.
xoves, 14 feb 2019
O alcalde anunciou este xoves o envío dunha carta ao goberno de Núñez Feijóo solicitando un instituto para o populoso barrio vigués. Ademais, o goberno de Vigo demanda á Xunta que, mentres constrúe o instituto, o alumnado de Navia poida estudar en centros de Secundaria próximos á zona.
xoves, 14 feb 2019
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves as bases de participación no concurso de carrozas e comparsas e a programación de actos previstos. Haberá 17 premios para as comparsas que participen no desfile o día 2 de marzo a partir das 18 horas.