Caballero estudará a reforma da Praza Elíptica para converter á zona nun novo espazo cultural
O alcalde de Vigo avanzou este martes que estudará a reforma da Praza Elíptica cos veciños da zona para levar a cabo unha humanización. "Quero estudar as consecuencias que tería para o tráfico", sinalou o rexedor tras recibir as propostas dos veciños nunha xuntanza.
O Concello de Vigo estudará someter a Praza Elíptica a unha profunda reforma para converter a zona nun novo espazo cultural, peonil e sen tráfico. Así o explicou o alcalde, Abel Caballero, tras manter unha xuntanza con veciños da praza.
"Houbo un intercambio de opinións moi positivo para humanizar a zona, fixeron propostas que eu observo con agrado", explicou o rexedor antes de abondar en que falaron de dar contido ao lugar con concertos de folk, música clásica ou bandas.
Caballero admitiu que a praza require unha transformación, pero matizou que ten que ser acorde coa idade dos veciños. "Unicamente teño unha dúbida, quero estudar a consecuencia para o tráfico, faremos o deseño e o acordaremos cos veciños da zona", engadiu.