Sanidade revisa os cemiterios para a festividade de Tódolos Santos

martes, 28 out 2003

A concelleira de Sanidade, Belén Sío, visitou hoxe os cemiterios municipais para coñecer o estado das obras que se realizaron este ano que consistiron fundamentalmente en ornato e axardinamento e adquisición de tapas para nichos. Son cemiterios municipais os de Pereiró, Lavadores, Teis, Beade, Bembrive, Candeán, Cabral e Zamáns. Os nichos propiedade do Concello son 2.345 e se alugan por un período de seis anos, prorrogable por 4 máis ata un máximo de 10 anos. O total de nichos entre particulares e concesións son 26.508.

O Concello presenta unha subvención á UE para analizar a calidade ambiental no litoral

martes, 14 out 2003

Sanidade e Medio Ambiente solicitarán unha subvención á Unión Europea para desenvolver o proxecto denominado Life de monitorización en continuo da calidade ambiental das praias de Vigo . As concelleiras e Medio Ambiente e Sanidade, María Xosé Porteiro e Belén Sío, explicaron que o proxecto consiste na instalación dunhas boias no mar con sistemas de análises de determinados parámetros que indican a calidade das augas de baño.