Escoitar

Os premios Cidade de Vigo á excelencia hixiénico-sanitaria recoñecen o bo facer das panaderías, confeiterías e restaurantes

A segunda edición destes premios son un recoñecemento á calidade das medidas sanitarias e de hixiene nos establecementos dedicados a confeitería, panadería e restaurantes da cidade.

martes, 30 nov 2004
1101827014premio.jpg
O concelleiro de Sanidade, Ignacio López-Chaves, entregou hoxe os premios Cidade de Vigo á excelencia hixiénico-sanitaria. Estes premios, que cumpren este ano a súa segunda edición, son un recoñecemento á calidade das medidas hixiénico-sanitarias nas panaderías, confeiterías e restaurantes da cidade. Os establecementos que optaban a estes premios entraron voluntariamente nun concurso no que tiveron que someterse ás inspeccións do laboratorio municipal.

Segundo López-Chaves, os premios Cidade de Vigo á excelencia hixiénico-sanitaria supoñen unha importante distinción para os premiados, xa que "cando exhiben a placa acreditativa, a xente entra nos establecementos con máis confianza". En palabras do concelleiro, a distinción que outorgan estes premios significa para os clientes que as panaderías, confeiterías e restaurantes "non só cumpren co mínimo legal, senón que o superan con creces".

Delfín Marcelino Casal, da panadería Barrio do Cura, primeiro premio nas categorías de panaderías e confeiterías, asegurou sentirse "orgulloso" porque "este premio recoñece o traballo do día a día e motívame para traballar moito máis. Ademais", dixo, "é bo para a imaxe do meu establecemento".
Descargar todas as imaxes

Máis información