O Espazo Xove do Castro renova a sua oferta con actividades relacionadas co teatro e intercambio de libros
Trátase dunha das iniciativas da Concellería de Xuventude para atender as propostas dos mozos e mozas de Vigo. Funciona diariamente, incluíndo os sábados, en diferentes espazos arredor da pista de bicicletas.
No marco do Espazo Xove xorde Castroescena, unha nova oferta para os amantes do teatro. Castroescena é un compendio de actividades desde o ensaio, a información e a orientación ata os obradoiros de construcción de marionetas ou de malabares para afeccionados e achegados ao teatro.
Pero a actividade estrela pode ser a LIXA ou liga de improvisación de xoves afeccionados. A LIXA consiste nunha serie de combates de improvisación interpretativa que se deciden pola aceptación do público. O prazo de inscrición de equipos abrangue dende o 1 ao 23 e decembro para escomenzar a pretempada consistente en formación de árbitros e xogadores e realización dos entrenamentos oficiais. A continuación, cara o 21 de xaneiro e ata o 19 de febreiro, se sucederán os combates que decidirán cal é o equipo gañador. Para participar é preciso achegarse por equipos de seis persoas ao Espacio Xove do Castro (a carón da pista de bicis) para cubrir a ficha correspondente.
Ademáis desta actividade de índole artística hai unha proposta de apoio á cultura que se coñece polo nome de "Bookcrossing", que non é outra cousa que un intercambio de libros a nivel cidadán, levado a cabo por persoas independentes a calquiera organización e que teñen como único nexo de unión o libro. A sede do Castro pasa a ser un punto de recollida deses libros, como colaboración ao desenvolvemento das iniciativas cidadáns.
O programa de actividades para o Castro este mes de decembro contempla ademáis toda a oferta musical, de ocio e de tempo libre que viña propoñendo, cecais con algunha alteración de horarios. Continúan a impartirse os cursos de baixo, batería, guitarra e vocalista, así coma iniciativa para grupos: "fai a túa maqueta". Os concertos en DVD se retransmiten os sábados pola noite no Espacio xove, e durante a semana varios grupos musicais de Vigo ensaian no local do Castro. Dentro do ámbito musical tamén pero para quén disfruta do baile, organízanse dous tipos de actividades: os cursos de danza oriental, os sábados pola tarde, e o curso de breakdance o venres pola tarde, un pouco antes da sesión de minicine. Hai tamén actividades deportivas como Skate e roller ou futbito, aproveitando a idoneidade do lugar. A posibilidade de acudir ao Castro para consultar internet, ler revistas, xogar a xogos de mesa ou preguntar información de carácter xuvenil, segue aberta permanentemente no Cibercastro. Ademáis ponse en marcha un espacio para asociación xuvenís que debe ser solicitado con anterioridade no Castro.