O Proxecto Compás realiza mañá a xornada "Boas prácticas para a creación de empresas de inserción no ámbito local"
Esta xornada pretende ser unha conclusión ao foro celebrado entre os días 8, 9 e 10 de novembro na Escola de Negocios Caixanova.
Mañá martes o Proxecto Compás realizará unha xornada pública para a difusión de "Boas prácticas para a creación de empresas de inserción no ámbito local" como conclusión do foro que tivo lugar os días 8, 9 e 10 de novembro na Escola de Negocios Caixanova. A xornada e o foro están organizados por Caixanova Obra Social e xestionados por Emaús Fundación Social.
O programa iniciarase no Auditorio do Centro Social Caixanova ás 9 de mañá coa inauguración por parte da concelleira delegada para o Proxecto Compás, Lucía Molares, o director do Instituto de Desarrollo Caixanova, Carlos Palleiro, e Guillem Correa, presidente da Federación Española de Empresas de Inserción.
A xornada terá un carácter eminentemente práctico na que se presentarán programas de asistencia técnica a proxectos de empresas de inserción, se exporán experiencias de corresponsabilidade e colaboración entre entidades públicas e privadas e experiencias de inserción sociolaboral, con representantes de entidades catalás, vascas, canarias, aragonesas e madrileñas.
A posta en marcha de iniciativas de inserción laboral de colectivos desfavorecidos baixo estruturas empresariais, como é o caso das Empresas de Inserción, está condicionada en cada territorio a diversos factores normativos, políticos, económicos e sociais así como ó nivel de sensibilización existente entre os axentes sociais, técnicos da administración e políticos con responsabilidade pública para o seu desenvolvemento. Por iso, o Proxecto Compás busca xerar e estender o debate entre todas as partes implicadas e lograr un consenso a favor destas iniciativas.
O Proxecto Compás, que finalizará en decembro de 2004, enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través do deseño e do desenvolvemento de ferramentas e recursos concretos que melloren a ocupabilidade das persoas desempregadas da área metropolitana de Vigo.