xoves, 2 decembro 2004

A formación continua "on line" para emprendedores, un proxecto clave da Mancomunidade para a capacitación deste colectivo

xoves, 2 dec 2004

O día 29 de novembro a Mancomunidade do Área Intermunicipal celebrou no Concello a presentación do proxecto piloto de formación continua "on line" para emprendedores. O proxecto é unha peza fundamental na capacitación profesional da figura do emprendedor, sumándose á política formativa que a Mancomunidade ven desenrolando durante o último ano.