Escoitar

A Conferencia de cidades do Arco Atlántico celebra mañá a reunión do Buró Executivo da entidade

O Museo de Arte Contemporánea será o escenario das reunións deste organismo que aglutina 38 cidades europeas e pretende promover un desenvolvemento territorial equilibrado dentro da Unión Europea

xoves, 2 dec 2004
A Comisión de Ciudades Portuarias celebrará mañá venres a reunión do Buró executivo da Conferencia, no que está integrada a cidade de Vigo. Esta instancia conformada por un número reducido de membros asume a dirección da Conferencia, controla a execución das resolucións votadas polo conxunto dos membros e coordina os traballos das comisións temáticas.

Entre os temas que se discutirán figura a preparación da próxima Asamblea Xeral que se celebrará en Cork (Irlanda) en xuño de 2005, así como o seguemento dos temas prioritarios e o "lobbing" fronte ás instancias europeas para garantir as axudas e o apoio financeiro europeo ás cidades Atlánticas na nova fase da Política Rexional Europea que se iniciará dentro de dous anos. Resulta fundamental para a Conferencia e os seus membros que a Unión Europea siga apoiando á fachada Atlántica e ás súas cidades, verdadeiros motores do desenrolo rexional.

Este último tema dará lugar a unha reunión especial do grupo de traballo sobre política de cohesión da Conferencia o venres pola tarde sempre no Museo de Arte Contemporáneo da cidade. Este grupo está levando a cabo negociacións coas rexións Atlánticas así como coa Comisión Europea para deseñar conxuntamente programas europeos que poidan apoiar o desenrolo económico, social e territorial das cidades atlánticas.

Estos encontros contarán coa participación de representantes (alcaldes, concelleiros e técnicos) de cidades francesas, británicas, irlandesas, españolas e portuguesas. Tamén estará representada a Secretaría Xeral da organización baseada en Rennes (Francia).

Desenvolvemento equilibrado

A Conferencia de Cidades do Arco Atlántico é unha rede creada no 2000 e que agrupa hoxe 38 cidades de España, Portugal, Francia, Gran Bretaña e Irlanda e da cal son membros, ademáis de Vigo, as cidades galegas de Santiago e A Coruña. O seu obxectivo prioritario é o de promover un desenrolo territorial equilibrado entre tódalas rexións que integran a Unión Europea, un reto que se intensificou aínda máis coa recente incorporación de dez novos Estados do Este e do Sur de Europa. A presidencia foi asumida ata xullo de 2003 polo alcalde de Rennes. Dende 2003, a cidade española de Xixón preside a rede.

A Conferencia favorece os intercambios entre os cidadáns da fachada Atlántica e apoia a cooperación entre os seus membros nos seguintes temas: accesibilidade das cidades, xestión urbana, desenrolo urbano sostible, cooperación económica, economía e actividades do mar, transporte marítimo, cooperación cultural e científica e cohesión social das cidades. A rede está estructurada en torno a grupos de traballo e comisións temáticas. Unha delas, a de cidades portuarias, está liderada por Vigo dende a creación da rede.

Máis información