Escoitar

O circuito teatral "Vigo a escena" leva a arte da representación aos barrios da cidade

Haberá dezaséis actuacións a cargo de oito compañías viguesas profesionais.

xoves, 2 dec 2004
O departamento de Cultura, dentro do circuito teatral por barrios "Vigo a escena", finalizou o seu plan de actuación previsto para o mes de decembro. En total son dezaseis actuacións a cargo de oito compañías viguesas de teatro profesional, que visitarán doce barrios.

O obxectivo deste programa é dobre: por un lado a descentralización da programación cultural cara aos barrios da cidade e por outro, o apoio e difusión do traballo realizado polas compañías teatrais da cidade.

O programa de "Vigo a escena" é o seguinte:


AFORO TEATRO
"O cepillo de dentes"

AVV de Parada-Maceiriña sábado, 11 20’00 h
SCDR "Nautilius" de Comesaña sábado, 18 20’00 h

ARTELLO-TEATRO ALLA SCALA 1:5
"A do libro"
"Amadís de algures"

SCDR "Nautilius" de Comesaña sábado, 11 19’30 h
Centro Cívico de Teis martes, 28 18’00 h

AVENTO TEATRO
"¿E agora que facemos?"

AVV "Monte da Mina" Castrelos mércores, 8 19’30 h
Centro Cultural de Cabral domingo, 12 19’00 h

DISQUE DANZA
"Disque"

UVCD de Candeán domingo, 5 20’00 h
AVV San Miguel de Oia sábado, 18 19’00 h

FULANO, MENGANO E CITANO
"Shsss…calma!!!"

AVV "Emilio Crespo" de Navia sábado, 4 21’30 h
SCD "Atlántida" de Matamá domingo, 12 19’00 h




MÁSCARA PRODUCCIÓNS
"Discurso sobre o fillo de puta"

SCDR "Helios" de Bembrive domingo, 12 19’00 h
SCD "Atlántida" de Matamá domingo, 19 19’00 h

SÍSIFO TEATRO
"¿Que?"

SCDR "Helios" de Bembrive venres, 10 21’30 h
AVV "San Xurxo" de Saiáns domingo, 19 19’00 h

THE PINGA
"Urbe"

CSCR de Beade mércores, 8 19’00 h
AVV "Santa Mariña" de Cabral domingo, 12 19’00 h