Escoitar

Concello e Caixa Galicia asinan un convenio de colaboración para a concesión de microcréditos

O convenio atenderá de forma particular e preferente a aquelas persoas que teñen maiores dificultades para acceder aos créditos convencionais.

martes, 30 nov 2004
1101826231micro.jpg
O Concello de Vigo firmou hoxe un convenio con Caixa Galicia que supón a colaboración de ambas entidades no programa de microcréditos que está desenrolando a entidade financeira. Tanto Corina Porro como José Luis Méndez amosaron a súa satisfacción por este convenio que "atenderá de maneira particular e preferente a un grupo de persoas que tería moitas dificultades para ser incluídas nos circuitos financeiros habituais".

Mediante este convenio, se financiarán aqueles proxectos viables que conduzan ao autoempleo e á creación de microempresas, promovidos por persoas pertencentes a colectivos de risco de exclusión social. Os beneficiarios destes microcréditos deberán ser persoas con dificultades de acceso ao financiamento bancario por carecer de garantías ou avais, como son, entre outros, os desempleados de longa duración, os inmigrantes, emigrantes retornados, persoas con empregos precarios ou persoas sen recursos.

O Concello mediará con Caixa Galicia na tramitación e resolución das solicitudes presentadas, e proporcionará o asesoramento e asistencia técnica aos beneficiarios. Os microcréditos teñen un importe máximo de 12.000 euros a un prazo de 6 anos más seis meses de carencia, e a un tipo máximo do 4 por cento fixo, sen comisións de apertura e estudio nin garantías.

Ata o momento Caixa Galicia tramitou máis de 200 solicitudes, das cales aprobáronse algo máis dun centenar de proxectos. Un 65% das empresas creadas con un microcrédito da Obra Social de Caixa Galicia foron postas en marcha por inmigrantes (en moitos casos emigrantes retornados con nacionalidade española), en máis dun 90% procedentes de América Latina e un 45% de españois. No caso dos españois, un 70% son mulleres.

En moitos casos, o éxito das actividades emprendidas deriva da capacidade dos negocios de xerar ingresos de forma rápida e das habilidades dos solicitantes. A maioría dos proxectos aprobados inscríbense no sector servicios con establecementos de perruquería, estética, planchado, pequenas reformas, etc. Segue en importancia o sector do comercio minorista con establecementos tipo "Cadea 100", de venta de productos de fogar ou de artigos de regalo e decoración. Tamén existen exemplos de empresas creadas no sector da artesanía e no ámbito das novas tecnoloxías. Así por exemplo un inmigrante senegalés puxo en marcha un Ciber no que se ofrecen servicios de navegación por Internet e correo electrónico.
Descargar todas as imaxes