Turismo de Vigo presenta a súa campaña de merchandising 2005
O acto, celebrado no auditorio do Museo Marco, rematou coa tirada de varias decenas de globos con forma de corazón, icono principal da campaña.
A concelleira Lucía Molares presentou hoxe, no auditorio do Museo Marco, a nova campaña de comercialización de Turismo de Vigo. Coa idea de consolidar a marca "Vigo" como sinónimo de calidade e referente turístico, a concellería de Turismo ideou a nova campaña de promoción e "merchandising" Vigo 2005.
A campaña Turismo de Vigo integra, entre outros elementos, diverso material promocional. Unha relación de regalos que buscan esperta-los sentidos do visitante. Son regalos que evocan recordos e sensacións e que consolidan a imaxe de Vigo como unha cidade aberta, amable, innovadora, de gran beleza natural e riqueza gastronómica.
Entre os regalos, que se dividen en promocionais, de relacións públicas e protocolarios, están o corazón antiestrés, "metáfora do corazón vigués aberto ao visitante"; diversas postais, "da ría, as illas Cíes, o litoral, a impoñente imaxe nocturna"; unha funda de praia para o teléfono móbil, unha caixa de bombóns, un set de marisco, "típico da nosa gastronomía"; e un pack de conservas personalizadas marca "Vigo".
A concelleira Lucía Molares recordou que Turismo intensificará a presencia da cidade nas feiras turísticas nacionais e internacionais ao longo de 2005, asistindo a 16 feiras. Entre elas destaca a presencia viguesa nunha cita importantísima do turismo náutico, como é a BOOT de Düsseldorf. Tamén destacou outras como a BTL de Lisboa, a ITB de Berlín ou a BIT de Milán.
O acto de presentación rematou cunha espectacular tirada de varias decenas de globos con forma de corazón dende a porta de entrada ao Marco.