"Navegando entre culturas" traerá a Vigo os costumes doutros pobos
O concelleiro Ignacio López-Chaves presentou este proxecto, que terá como núcleo unha exposición interétnica na Casa da Cultura entre o 2 de decembro e o 6 de xaneiro de 2005.
A Concellería de Asuntos Sociais presentou hoxe a campaña de sensibilización "Navegando entre culturas", que organiza xunto coa ONG Jóvenes del Tercer Mundo e a Fundación Juan Soñador. O núcleo desta campaña será unha exposición interétnica que terá lugar na Casa Galega da Cultura do 2 de decembro ao 6 de xaneiro, á que asistirán alumnos de vinte colexios en visitas guiadas. A entrada á exposición tamén estará aberta aos grupos que o soliciten, sempre que o fagan cunha semana de antelación.
Segundo explicou o concelleiro de Asuntos Sociais, Ignacio López-Chaves, a campaña de sensibilización quere "chamar a atención, especialmente a dos nenos, sobre a existencia doutras culturas", para así "aprecialas e querelas". En opinión de Ignacio López-Chaves, a globalización obríganos a "abrir os ollos" a outras realidades diferentes da cultura occidental.
"Navegando entre culturas" ofrecerá, ademais da exposición interétnica, diversas actividades para lograr unha maior sensibilización da sociedade viguesa con respecto á cuestión da interculturalidade, vista como un valor e unha riqueza para todos. Así, haberá obradoiros de cadros de area, contacontos e danzas do mundo para nenos e nenas de seis a 12 anos, ao longo do mes de decembro.
Así mesmo, ofrecerase un concerto intercultural o 10 de decembro no auditorio municipal, e o día 16 celebrarase unha conferencia na aula magna do Colexio dos Salesianos, co título "Na película "Comercio con xustiza" ¿que papel representas?" A través destas actividades daranse a coñecer obxectos, ritos e costumes de diversas culturas, co propósito de axudar a valorar a riqueza cultural doutros pobos e fomentar o respecto ás súas xentes e tradicións.
Descargar todas as imaxes