O pleno concede a medalla da cidade á Policía Local e á Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos

mércores, 21 mar 2007

Os grupos municipais aprobaron por unanimidade a concesión de duas medallas da cidade de Vigo á Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos e á Policia Local na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe no Concello. A entrega das medallas e dos galardóns de Vigueses Distinguidos terá lugar o próximo venres, día 23, no Centro Cultural Caixanova.

O Pleno aproba melloras no PAU de Navia

luns, 26 feb 2007

O Pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe por unanimidade unha moción do BNG relativa ao PAU de Navia, na que se insta, entre outras medidas, á mellora da seguridade dos accesos peonís e á prolongación das liñas de autobuses urbanos que teñen o seu remate no cemiterio de Coia.