O Concello propón a integración do conxunto de arte rupestre dos montes do Mouxo na Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico

mércores, 11 feb 2004

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do 26 de xaneiro de 2004, acordou solicitar á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a proposta da conce-llería de Patrimonio Histórico, o estudio e -se é o caso- a elaboración dun proxecto para a integración do importante conxunto de arte rupestre existente nos montes do sur do Conce-llo de Vigo (Coruxo, Oia, Saiáns, Valadares e Comesaña) na Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico (RGPA).

VIII Seminario de Arte Románixa

martes, 3 feb 2004

Un ano máis a Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo organiza este Seminario dirixido a tódalas persoas interesadas pola arte románica. Esta actividade, dirixida polo profesor Xabier Ocaña Eiroa, adícase nesta a súa VIII edición ó estudio da simboloxía románica nas portas das igrexas medievais da rota xacobea.

Exposición itinerante sobre os oficios tradicionais

martes, 23 dec 2003

O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, da concellería de Patrimonio Histórico continua coa exposición itinerante " A artesanía Tradicional. Un patrimonio actual" percorrendo as asociacións veciñais e entidades culturais de Vigo e o seu contorno. A mostra ofrece unha amplia visión dos oficios tradicionais de Galicia.

O Concello colabora na difusión do centro comercial aberto no Casco Vello

mércores, 10 dec 2003

A Comisión de Goberno ven da aprobar o texto do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación de Comerciantes "Os Peiraos" para a difusión do Centro Comercial Aberto "Vigo Vello" mediante elementos de sinalización horizontal e vertical que sirvan como identificadores do mesmo, así como a colocación na fachada dos establecementos asociados dunha placa identificativa de aceiro inoxidable.

"Plan de choque" para o Casco Vello

mércores, 12 nov 2003

A posta en marcha dun "plan de choque" no Casco Vello para resolver as carencias desta zona da cidade foi un dos acordos alcanzados esta mañá nunha xunta entre os concelleiros de Patrimonio Histórico e Vía Urbana, Xosé Carlos Arias e Miguel Barros, respectivamente, con técnicos municipais.

O Concello cifra en 90 millóns de euros a rehabilitación integral do Casco Vello

martes, 4 nov 2003

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, asegura que é preciso seguir traballando co resto das Administracións Públicas para conseguir recuperar de xeito integral o Casco Vello da cidade. Acompañado polos concelleiros de Patrimonio Histórico e Seguridade, Xosé Carlos Arias e Xulio Calviño, respectivamente, e representantes veciñais, Pérez Mariño percorreu as rúas do barrio histórico.

Patrimonio Histórico realizará un estudio para definir o modelo museográfico de Castrelos <br />

xoves, 30 out 2003

O Concelleiro de Cultura e Patrimonio Histórico, Xosé Carlos Arias, presentou hoxe a constitución da Comisión do Museo de Castrelos que ten como finalidade realizar un estudio organizativo e definir o modelo museográfico da entidade. A Comisión tratará tamén a necesidade de realizar obras de saneamento no Museo que se executará con cargo ós presuposto do próximo ano cun investimento de 102.000€ por parte de operarios da concellería de Vías e Obras.