O Centro de Artesanía Tradicional presenta unha publicación dedicada á cestería
O Centro de Artesanía Tradicional (CAT), presentou este venres, a través da concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, unha nova publicación dedicada á cestería tradicional. O volume, que inaugura unha colección de periodicidade anual que tratará os diferentes oficios tradicionais, recolle, segundo explicou a concelleira, "unha ampla mostra dos saberes e técnicas dun dos oficios máis antigos, que combinou ao longo de séculos vimbios, colmo e madeira para obter diferentes obxectos que resolvesen as necesidades do seu quefacer diario".
"Formada por máis de noventa pezas, a colección é froito dun intenso traballo de investigación e recuperación realizado durante anos que forneceu o centro cunha ampla selección de cestería", sinalou Elena Maure na presentación, na que estivo acompañada polo coordinador do CAT, Manuel Estévez, e o mestre cesteiro Antonio Suárez, o único cesteiro en activo de Vigo. Antonio Suárez garda nas súas mans os saberes e técnicas de tres xeracións de artesáns vinculados á rúa Cesteiros, un dos centros históricos de produción máis importantes de cestería en vimbio de Galicia.
O CAT é unha institución dedicada á recuperación, conservación e divulgación dunha parte fundamental do noso patrimonio etnográfico: a artesanía tradicional. Dende 1999 o centro desenvolve diferentes iniciativas de posta en valor dos nosos oficios tradicionais, que, debido aos profundos cambios socieconómicos que rexistrou Galicia nas últimas décadas, están esquecidos ou a piques de desaparecer. Así, ata os anos setenta do século pasado, a cestería contaba con máis de vinte obradoiros profesionais na antiga rúa Amargura, hoxe rúa Cesteiros, que satisfacía a demanda do mar e do campo.
Por outra banda, a concelleira de Patrimonio Histórico anunciou que do 18 de abril ao 25 de maio a Casa Galega da Cultura acollerá a exposición monográfica "Cesteiros na Ría de Vigo", integrada por 40 pezas realizadas mediante diversas técnicas como o traballo da madeira ou o bimbio, fotografías e documentación explicativa. Ademais, levaranse a cabo actividades paralelas dirixidas aos escolares.
Descargar todas as imaxes