Oito cuartetos tradicionais participan este sábado no Concurso de Gaitas Nazario González "Moxenas"
O Auditorio do Novo Centro Veciñal e Cultural de Valladares será este sábado a partir das 18.00 horas o escenario onde terá lugar o concurso de cuartetos de música tradicional Nazario González "Moxenas", co que se homenaxeará a figura do célebre gaiteiro de Sárdoma.
A convocatoria deste certame estaba aberta a todos os gaiteiros que desexasen participar, dentro dun apartado único de cuartetos tradicionais. Isto implica que os instrumentos obrigatorios para participar son dúas gaitas, un bombo e un tamboril, nin máis nin menos. Ademais, os integrantes dos cuartetos deben actuar vestindo o traxe tradicional galego e tocando instrumentos de formato e feitura tradicionais, polo que quedan expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas "marciais".
Finalmente serán oito os cuartetos que participen no concurso: Agarimos, Anacos de Buxo e Contracocheno, de Vigo; Picuíña, de Marín; O Chupacabras, de Vilagarcía de Arousa; os "Rolling Pallons", de Santiago; Os Fonte Suairas, da Coruña, e Abelente, de Ourense.
Os concursantes farán unha primeira interpretación de carácter libre, con unha ou varias pezas galegas, recollidas ou de autor. En todo caso, esta parte do concurso non debe exceder dos cinco minutos. Os grupos que non cumpran esta norma serán penalizados, como tamén os que non cheguen aos 4’30" de actuación.
Esta primeira parte do concurso será resolta polo veredicto dun xurado que seleccionará cinco grupos para a fase final, na que os cuartetos seleccionados terán que interpretar a peza "O San Campio é noso", composta e dedicada á parroquia de Valladares por Nazario González "Moxenas".
Sumando os resultados das dúas fases do concurso, o xurado tomará a decisión final. Haberá un primeiro premio de 800 euros, un segundo de 600 e un terceiro de 400 euros.
O Concurso de Gaitas Nazario González "Moxenas" conta co patrocinio da Concellería de Cultura, cuxo responsable, Xesús López, presentou este venres o evento xunto co presidente do Centro Cultural e Veciñal de Valladares, Gregorio Álvarez. Ambos salientaron nas súas intervencións o papel de "Moxenas" e a importancia de certames como o deste sábado para a conservación e difusión da música tradicional galega.