Escoitar

Xabier Alonso presenta a camiseta da Universiada que usarán os equipos vigueses nas probas que disputen fóra da cidade

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este xoves na Fundación Vide as camisetas de promoción da Universiada que empregarán diversos equipos vigueses nas probas que disputen fóra da cidade. No acto, que contou tamén coa participación da directora xerente da Fundación, Laura Martínez, un representante da empresa Trece, encargada do deseño da camiseta, e co xogador do Gestibérica Denis, encargado de probar a prenda, o concelleiro salientou a importancia de que todos os colectivos da cidade se impliquen na defensa da candidatura viguesa.

xoves, 24 xan 2008
1201184241universiada240108.jpg
"Teño que agradecer aos equipos a boa acollida que fixeron a esta iniciativa", manifestou Xabier Alonso, quen mencionou os equipos que lucirán a camiseta: Vigo Voleibol, El Olivo, Celta Vigourban, Octavio, AMFIV, Vigo Stick, Xuvenil de Teis, Celta Masculino de Atletismo, Celta Feminino de Atletismo, Coruxo Fútbol Sala, Hockei Herba Atlántico, Hockei Herba Junior, Vigo Rugby e Gestiberica.

A organización da Universiada conta co apoio da Plataforma Cidadá Pro Universiada 2013/2015, impulsada polo tenente de alcalde, Santiago Domínguez, e integrada por 22 persoas en representación de distintas entidades, co obxectivo de recabar o apoio de todos os colectivos sociais e económicos e das institucións arredor deste proxecto, que naceu co lema "Vigo: Unha cidade, unha ilusión, un reto. 2013-2015".

Na Plataforma están representados o alcalde, o tenente de alcalde, o concelleiro de Deportes, os portavoces dos tres partidos con representación municipal (PP, PsdeG-PSOE e BNG), a Xunta de Galicia (a través da Dirección Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Turismo), a Universidade de Vigo, a Deputación Provincial de Pontevedra, a Autoridade Portuaria, o Consorcio da Zona Franca, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Cámara de Comercio de Vigo, Caixanova, PSA Peugeot Citroën, Pescanova, a Federación de Asociacións de Veciños e os sindicatos CIG, UGT e CC OO,

Pola súa banda, a Fundación Vide naceu a comezos de 2002, por iniciativa do Concello de Vigo, e de Caixanova, Pescanova e PSA Peugeot Citroën como membros fundadores, co obxectivo de apoiar o deporte da nosa cidade, tanto o de elite coma o de base, así como promocionar e patrocinar as iniciativas cidadás relacionadas coa actividade deportiva.
Descargar todas as imaxes