O abastecemento e o saneamento centran a reunión do alcalde co conselleiro de Medio Ambiente
O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este mércores no seu despacho co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, para tratar, entre outros temas, o abastecemento de auga en Vigo e a súa área metropolitana e a construción da nova depuradora.
"Temos establecida unha estratexia para que as grandes infraestruturas de abastecemento da área de Vigo queden garantidas para os próximos 30 anos", afirmou o conselleiro tras o encontro. Vázquez explicou que actualmente os técnicos do Concello de Vigo e de Augas de Galicia están a traballar xuntos na elaboración dun proxecto cuxa finalidade é asegurar o abastecemento nunha área urbana que probablemente continuará crecendo no futuro e o fará nun contexto climático no que o sur de Galicia pode volverse menos chuvioso. Segundo o conselleiro, o obxectivo é garantir para Vigo un consumo hipotético de 3.000 litros por segundo, o dobre dos 1.500 actuais, dunha maneira "medioambientalmente sostible".
Neste sentido, Manuel Vázquez indicou que a solución pode estar na construción dun novo encoro ou nun trasvase desde o río Miño. Estas son as opcións que se barallan como principais e que "analizaremos nos próximos meses" desde os puntos de vista económico e medioambiental, sinalou o conselleiro.
Depuradora
En canto á construción da nova depuradora en Coruxo, Manuel Vázquez explicou que o anteproxecto, actualmente licitado e adxudicado cun orzamento de 1 millón de euros, será recibido a finais de febreiro polo Concello de Vigo e a Consellería de Medio Ambiente, que a partir daí terán de 30 a 45 días para o analizaren. Deste xeito, a finais de marzo ou principios de abril iniciaríase o período de exposición pública do documento. A construción da nova depuradora, lembrou o conselleiro, suporá un investimento de 180 millóns de euros.
Manuel Vázquez indicou que os obxectivos desta nova infraestrutra serán, por unha parte, sanear a ría de Vigo, e por outra, asegurar a calidade medioambiental do emprazamento escollido para a súa construción.
Cinto verde
Outro dos temas tratados na reunión entre Abel Caballero e Manuel Vázquez foi o da coordinación entre as dúas institucións ás que representan para, en palabras do alcalde, "garantir a viabilidade e a utilización correcta" da rede de parques periurbanos de Vigo. Neste sentido, o conselleiro avogou por "humanizar as zonas periféricas" e anunciou a presentación dunha proposta de sendas verdes e camiños naturais, onde o espazo que rodea o río Lagares podería converterse nun "elemento medioambiental central", segundo afirmou Abel Caballero.
Por outra parte, o alcalde transmitiulle ao conselleiro a súa preocupación e "a conveniencia de que a Consellería de Medio Ambiente tome cartas no asunto" para elaborar, conxuntamente co Concello de Vigo, "un proxecto máis ambicioso" para o parque zoolóxico da Madroa. En relación a esta preocupación, Manuel Vázquez asegurou que a Consellería traballará na liña de acadar o cumprimento total da directiva europea de 2003 que obriga a Vigozoo a garantir maiores cotas de "benestar animal" e atención veterinaria nas súas instalacións.
Finalmente, preguntado pola resposta que a Consellería dará ao Plan Xeral de Ordenación Municipal enviado este mes polo Concello de Vigo para a súa aprobación definitiva, Manuel Vázquez indicou que "no que levamos lido" o Plan Xeral de Vigo cumpre "ao 100%" cos aspectos legais relacionados co medio ambiente.
Descargar todas as imaxes