O Valedor do Cidadán entrega ao alcalde unha proposta de xestión da contaminación acústica
O alcalde, Abel Caballero, mantivo unha reunión este mércores co Valedor do Cidadán, Luis Espada, na que este presentou ao rexedor o guión do estudo sobre a xestión da contaminación acústica que está a preparar, consistente nunha análise da lexislación estatal con propostas de aplicación para a administración local.
Abel Caballero e Luis Espada trataron unha proposta de xestión da contaminación acústica a nivel nacional que Espada está a preparar, aplicable a Vigo, onde a ordenanza de ruidos está pendente de aprobación. O Valedor trasladou ao alcalde o guión da proposta, unha análise da lexislación estatal con propostas para os concellos, que será estudada polo rexedor local.
Na visita, enmarcada dentro das reunións que Caballero e Espada acordaron celebrar de xeito periódico, decidiuse solicitar que o vindeiro encontro nacional de Valedores do Cidadán teña lugar en Vigo. Luis Espada cursará esta solicitude na reunión que terá lugar en Málaga, os días 8 e 9 de febreiro. Abel Caballero apoia esta iniciativa xa que "é preciso recoller as propostas cidadás e darlles trámite", manifestou o alcalde.
Descargar todas as imaxes