A Concellería de Igualdade presenta a nova oferta do programa de formación e animación sociocultural "Ti es a protagonista"
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este mércores a nova oferta do programa de formación e animación sociocultural "Ti es a protagonista", dirixido a mulleres maiores de 18 anos e caracterizado pola súa variedade. A iniciativa, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e xuño, oferta actividades da máis diversa temática, como cultura, deporte, música ou nutrición.
"O programa inclúe unha oferta moi atractiva, que pode interesar a moitas mulleres da cidade, xa que no seu primeiro cuadrimestre tivo unha moi boa acollida", salientou a concelleira, quen indicou que arredor de 900 mulleres teñen participado no cuadrimestre anterior.
A organización dos cursos conta coa colaboración das distintas asociacións veciñais, como a do Calvario, Valadares, Camiño Vello de Coia, O Freixo de Valadares, Helios de Bembrive, San Miguel de Oia, Coruxo, Val do Fragoso, Praza da Miñoca, A Nosa Terra de Alcabre, Rosalía de Castro da Salgueira, Cristo da Vitoria de Coia, entre outras, e nelas cómpre facer a correspondente inscrición.
As entidades que colaboran no programa poderán cobrar ata un máximo de 7 euros por alumna en concepto de matrícula. Os cursos ofertados son os seguintes:
- Relaxación e musicoterapia
- Musicoterapia e sensibilización corporal
- Obradoiro de adestramento da memoria
- Obradoiro de atención á memoria
- Axilidade mental e prácticas da memoria
- Obradoiro de autoestima
- Obradoiro de sexualidade
- A botica da natureza
- A alimentación nas distintas etapas da vida
- Alimentación e deporte
- Obradoiro de alimentación e nutrición para mulleres
- Obradoiro para traballar co sono e as súas dificultades
- O xogo como base para o desenvolvemento integral dunha persoa
- Riso activo
- Obradoiro para coidar á persoa que coida
- Ioga
- Pilates
- Batuka
- Aerobic
- Percusión e canto tradicional
- Descubrir e coñecer a historia da Galiza
- Vilas mariñeiras
- Arquitectura popular da Galiza rural
- Parroquias de Vigo
- Iniciación á informática
- Fotografía analóxica e dixital
- Iniciación á arte floral
- Arranxo floral
- Teatro
- Marquetería
- Decoración en vidro
- Cultura galega
- Mulleres na literatura galega.
Descargar todas as imaxes