Os percorridos dos desfiles e os premios, principais novidades do Entroido 2008
Os premios para os participantes e os percorridos do desfile do concurso de comparsas e carrozas e do enterro do Meco conforman as principais novidades da programación do Entroido de Vigo 2008, que se desenvolverá do 31 de xaneiro ao 6 de febreiro.
O desfile do concurso de comparsas e carrozas do sábado 2 de febreiro partirá ás 19.00 horas do Peirao de Trasatlánticos cara á rúa das avenidas, Concepción Arenal, a praza de Compostela, García Olloqui e Montero Ríos e volverá por Montero Ríos, Concepción Arenal, a praza de Compostela e García Olloqui en dirección a Cánovas del Castillo para chegar finalmente ao Peirao de Trasatlánticos.
"Buscamos un percorrido máis atractivo, con dous pases das comparsas para que a xente as poida ver mellor", explicou o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López, este martes na presentación do programa. O concelleiro adiantou que este ano o xurado terá o seu palco na praza de Compostela, desde onde se moverá posteriormente a outros puntos do percorrido para apreciar mellor os participantes e as carrozas.
Tamén é unha novidade do Entroido 2008 o percorrido do enterro do Meco, que terá lugar o mércores 6 de febreiro con saída ás 20.00 horas desde a Porta do Sol e Policarpo Sanz en dirección a Colón, praza de Compostela, García Olloqui, Montero Ríos e Concepción Arenal, volvendo pola praza de Compostela e García Olloqui para pasar por Cánovas del Castillo e chegar á Estación Marítima da Ría, onde se realizarán os responsos, o sepelio e a lectura do testamento do Meco, xusto antes da lectura da acta do xurado dos premios do concurso de comparsas, carrozas, coplas e disfraces.
Os premios, destinados a fomentar a participación no Entroido, consistirán, no caso do concurso de coplas, nun primeiro de 600 euros, un segundo de 400 e un terceiro de 200, xunto con sete accésits non acumulables de 150 euros cada un. Para as comparsas haberá un primeiro premio de 2.000 euros, un segundo de 1.500, un terceiro de 1.000 e 20 accésits non acumulables para as comparsas que participen no desfile do sábado 2 de febreiro. Estes accésits serán de 500 euros, para as comparsas de 20 a 50 compoñentes; de 600, para as que teñan de 51 a 80, e de 700 para as de máis de 80.
Ademais, as mellores comparsas optarán a unha serie de premios especiais. Así, un de 800 euros non acumulable para a máis festeira dos desfiles dos días 2 e 6; un de 200 euros para as comparsas que participen nos dous desfiles co mesmo número de participantes e outro de 400 para a comparsa mellor caracterizada no cortexo de acompañamento do enterro do Meco.
Pola súa parte, as carrozas contarán cun primeiro premio de 300 euros, un segundo premio de 200 e un terceiro de 100. O mellor disfrace será premiado con 150 euros, na categoría infantil, e outros 150 na xeral.
A organización do Entroido 2008 conta coa colaboración da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", ás que o Concello achegará unha contrapartida económica de 116.345 euros. O convenio que así o establece foi asinado este martes durante a presentación do programa.
Descargar todas as imaxes