Iolanda Veloso presenta o último número da revista feminista "Festa da Palabra Silenciada", centrado na violencia
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este luns o último número da revista referencia do feminismo galego, "Festa da Palabra Silenciada", dedicado á reflexión sobre a violencia dende diferentes puntos de vista. Dirixida pola escritora María Xosé Queizán, que tamén participou na presentación, "Festa da Palabra" é unha publicación "de referencia do feminismo galego dende unha perspectiva galega", segundo salientou Iolanda Veloso.
Neste número, a revista céntrase no tema da violencia tratado dende diversas perspectivas, como as sociolóxica, filosófica, psicolóxica, comunicativa, da pintura, o teatro, o cómic e o cine, entre outras. "A violencia é un tema terrible no mundo que cercena anualmente millóns de vidas humanas, que non coñece fronteiras, xeografías, razas nin xéneros, e que vai dende a infancia ata a vellez", sinalou a escritora viguesa.
Na súa intervención, María Xosé Queizán manifestou que á hora de explicar por que segue a existir a violencia no mundo pode seguirse unha "postura conservadora", que afirme que os seres humanos son violentos por natureza, e que sempre foi así, o cal, segundo María Xosé Queizán conduce a un calexón sen saída; ou ben pode seguirse outra perspectiva, que defende que, aínda que é certo que a violencia segue a existir no mundo, a preocupación por este feito é moito maior na actualidade que noutras épocas. A directora da revista sinalou como exemplo desta situación a aprobación nos últimos anos da Lei de Igualdade ou de Violencia de Xénero, así como o feito de que cada vez máis países rexeitan a pena de morte.
Creada no ano 1983, "Festa da Palabra Silenciada" é unha publicación que ademais de distribuírse entre as asociacións de mulleres de Vigo e do resto de Galicia, chega tamén a diversas universidades do resto do España. "Incluso existe algún traballo sobre ela en Estados Unidos e o Reino Unido", matizou a escritora. "É unha embaixadora de Galicia e da lingua galega, ademais dunha referencia nas publicacións feministas tanto dende a perpectiva de xénero como de país", subliñou pola súa parte a concelleira.
Descargar todas as imaxes