Vigo promociona a súa oferta turística como cidade náutica na Feira de Düsseldorf
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santiago Domínguez, promocionará a oferta turística de Vigo na Feira BOOT, que se está a celebrar desde o pasado sábado na cidade alemana de Düsseldorf e que se prolongará ata o vindeiro día 27. A presenza de Vigo estará centrada na súa oferta como cidade náutica, xa que é un salón especializado na náutica deportiva.
O tenente de alcalde estará mañá na feira para reforzar a promoción que a cidade fará ao longo de toda a semana. Santiago Domínguez salientou a importancia de que Vigo estea presente nos principais foros de turismo que se celebran e subliñou a relevancia que para a nosa cidade ten participar nunha das feiras de maior proxección internacional sobre a náutica deportiva.
O responsable de Turismo considera que é importante que Vigo diversifique a súa oferta turísica para desestacionalizar a chegada de visitantes. Neste sentido, o tenente de alcalde considera que o potencial de Vigo como cidade náutica está aínda por rendibilizar. "Hai que impulsar a nosa oferta cara ao sector do turismo que move a náutica deportiva e recreativa. Temos na nosa ría unhas condicións inmellorables para situarnos como un dos destinos prioritarios para ese sector", asegurou.
A Feria BOOT amosa nos seus 17 pavillóns todos os aspectos da náutica deportiva. Neste salón preséntanse cada ano as principais novidades do sector da náutica recreativa. Vigo terá o seu propio stand dentro do espazo de promoción turística de Turespaña.