VITRASA inviste máis de tres millóns de euros en 15 novos autobuses
A empresa de trasnporte colectivo de Vigo, VITRASA, en colaboración co Concello, presentou esta mañá 15 novos autobuses que pasarán a formar parte da frota da compañía, integrada actualmente por 118 vehículos. Estas novas adquisicións, que se soman ás 25 realizadas durante 2007, fan que a idade media da frota se reduza a catro anos.
VITRASA realizou un investimento de máis de tres millóns de euros na adquisición destes novos autobuses, co obxectivo de mellorar o servizo que presta na cidade de Vigo e na súa área metropolitana. Desde a renovación da concesión en 1994, a empresa investiu preto de 30 millóns de euros na renovación da súa frota.
Coa incorporación destes 15 autobuses, o 100% da frota de VITRASA é accesible para minusválidos e todos contan con plataforma integral baixa. Na actualidade, un total de 65 autobuses levan rampa de acceso e o conxunto da frota ten capacidade para levar 200 viaxeiros en cadeira de rodas.
Ademais, os novos autobuses contan con motores Euro IV e Euro V, cos que se reducen os óxidos de nitróxeno dos gases de escape e se optimiza a combustión do motor para acadar unha maior potencia cun menor consumo de combustible, ao tempo que se xeran menos partículas.
Un total de 26 autobuses contan con motores Euro V e catro con Euro IV. O escaso marco temporal para pasar de Euro IV a Euro V e a redución das emisións á atmosfera foi o que decidiu a VITRASA a apostar polo Euro V.
A lonxitude dos novos vehículos oscila entre os 10,5 e os 18 metros e entre todos teñen capacidade para 1.482 pasaxeiros. En concreto, incorporaranse 9 modelos de 12 metros; catro de 10,5 metros e dous de 18 metros. A frota de VITRASA no seu conxunto ten capacidade para levar 2.864 viaxeiros sentados e 6.674 a pé.
Entre os avances técnicos dos vehículos de VITRASA destacan a instalación de piso baixo integral, aire acondicionado e calefacción, sistema de localización por GPS, sistema pneunático de axeonllamento, sistema de freos con ABS e ASR, preinstalación para SAE, billeteiras, validadoras e pantallas de información SIAM.
Nos novos autobuses acometerase ao longo deste ano a incorporación do sistema SIAM, unha medida innovadora coa cal o usuario pode coñecer, a través de pantallas situadas no interior dos autobuses, o movemento en tempo real dos vehículos sobre un rueiro da cidade. Durante os últimos seis meses VITRASA incorporou sesenta pantallas nas principais liñas da cidade, sobre todo nas circulares.
Descargar todas as imaxes