mércores, 23 xan 2008
O alcalde, Abel Caballero, mantivo unha reunión este mércores co Valedor do Cidadán, Luis Espada, na que este presentou ao rexedor o guión do estudo sobre a xestión da contaminación acústica que está a preparar, consistente nunha análise da lexislación estatal con propostas de aplicación para a administración local.
mércores, 23 xan 2008
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este mércores a nova oferta do programa de formación e animación sociocultural "Ti es a protagonista", dirixido a mulleres maiores de 18 anos e caracterizado pola súa variedade. A iniciativa, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e xuño, oferta actividades da máis diversa temática, como cultura, deporte, música ou nutrición.
mércores, 23 xan 2008
O concelleiro de Cultura, Xesús López, salientou este mércores o papel protagonista que xogará Galicia na Festa Marítima de Brest 2008, que se celebrará nesa localidade bretona do 11 ao 17 de xullo, "ao ser convidada de honra", e amosou a colaboración da cidade de Vigo para a promoción do evento.
mércores, 23 xan 2008
A Asociación de Pais de Minusválidos da Provincia de Pontvedra (APAMP) proxecta a construción dun Centro de Atención Integral en terreos cedidos polo Concello en Navia, que atenderá a 157 persoas. O goberno local exime a Asociación do pagamento do Imposto sobre Contrucións, Instalacións e Obras (ICIO), que alcanza o 3,5% do total do proxecto.
mércores, 23 xan 2008
Os premios para os participantes e os percorridos do desfile do concurso de comparsas e carrozas e do enterro do Meco conforman as principais novidades da programación do Entroido de Vigo 2008, que se desenvolverá do 31 de xaneiro ao 6 de febreiro.