Santiago Domínguez aproveitará a experiencia de Düsseldorf para impulsar o turismo feiral de Vigo
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santiago Domínguez, aproveitou a súa estadía na Feira BOOT de Düsseldorf para manter diferentes encontros de traballo con membros da organización e participantes neste certame, que está considerado como o de maior importancia a nivel internacional no sector da náutica deportiva e recreativa.
Segundo explicou, estas reunións resultaron moi proveitosas para desenvolver iniciativas que favorezan a promoción de Vigo como cidade congresual e feiral. Santiago Domínguez quere rendibilizar ao máximo as posibilidades que ofrece o IFEVI como un elemento máis para contribuír a ampliar o abano de posibilidades que Vigo oferta como cidade turística. O tenente de alcalde salientou que da experiencia desta feira alemana "tomou nota" para a organización de futuros eventos como pode ser o Salón Náutico.
A axenda do tenente de alcalde na Feria BOO de Düsseldorf incluíu tamén reunións con empresas vinculadas ao turismo naútico para reforzar a promoción que a nosa cidade está a facer desde o pasado sábado cun stand neste salón. Vigo está a promocionar a súa imaxe de cidade náutica, pero tamén eventos vinculados ao mar que se van celebrar na nosa cidade como o Desafío Atlántico de Grandes Veleiros ou nos que Vigo vai ter presenza como Brest 2008.
A Feira BOOT, que se clausura o vindeiro sábado, reúne a oferta turística das principais cidades marítimas, así como as últimas novidades da náutica deportiva, que se amosan nos seus 17 pavillóns. É o salón con maior proxección internacional neste sector.
Descargar todas as imaxes