O Concello opta ás axudas do Plan Urban co obxectivo de rexenerar Teis
Rexenerar o barrio de Teis é o obxectivo do proxecto elaborado polo Concello para optar ás axudas convocadas polo Ministerio de Administracións Públicas no marco do Plan Urban, unha iniciativa da Unión Europea destinada á rehabilitación das zonas urbanas menos desenvolvidas.
Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, a convocatoria abriuse o pasado 22 de novembro e desde ese momento "puxémonos mans á obra" para analizar que zona de Vigo é a máis indicada para recibir estas axudas. "Inmediatamente todos os índices apuntaron a Teis", afirmou Caballero, quen explicou que a partir de entón se iniciou un traballo "arduo e contrarreloxo" para elaborar un proxecto "certamente sólido" que será aprobado "en breve" pola Xunta de Goberno Local.
O Concello deberá entregar este proxecto ao Ministerio de Economía e Facenda dentro dun prazo que remata o 30 de xaneiro para que o Goberno central dea unha resposta ao respecto, algo que, segundo estimou o alcalde, terá lugar no mes de xuño.
O alcalde explicou que o proxecto do Concello para Teis está "moi detallado" e busca dar unha solución global ás necesidades do barrio, atendendo, entre outros aspectos, o económico, o industrial, o social e o medioambiental, así como as demandas relativas ao emprego, á mobilidade e á sociedade da información.
O proxecto do Concello contempla un orzamento de 13 millóns de euros. Se finalmente esta iniciativa recibe parte das axudas convocadas polo Goberno central, o 70% desta cantidade (9,1 millóns) sería financiado con fondos do Plan Urban, mentres que o Concello achegaría o 30% restante (3,9 millóns).
Entre as actuacións que o Concello espera realizar con estas sumas figuran un proxecto de humanización e a recuperación económica e industrial do barrio, así como un proxecto de formación para fomentar o emprego, a rexeneración de ámbitos medioambientais e iniciativas sociais para colectivos desfavorecidos.
Antes de presentar estes datos, o alcalde reunise no Concello con colectivos de Teis e outras entidades para informalos sobre o proxecto e recabar a súa sinatura de adhesión ao Plan Urban. Tras a xuntanza, Caballero salientou o "amplo apoio económico e social" recibido pola iniciativa municipal. Na reunión estiveron presentes representantes da Universidade de Vigo, da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), dos sindicatos UXT, CCOO e CIG, da Fundación Caixanova e do Plan Comunitario de Teis, así como da Asociación de Veciños e da Asociación de Comerciantes e Industriais do barrio e de Érguete.
O alcalde adiantou que o Goberno municipal manterá unha "interlocución continua" coas entidades e colectivos interesados no proxecto a través da Comisión Directiva presidida por el mesmo e da Comisión de Seguimento e Avaliación creadas a tal fin.
Descargar todas as imaxes