venres, 18 xan 2008
O tenente de alcalde e responsable de Cascos Históricos, Santiago Domínguez, asistiu este venres á posta en funcionamento da restaurada Fonte do Paseo de Alfonso, construida a finais do século XIX e que levaba máis de catro anos sen auga. A concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, ao pouco de asumir a súa responsabilidade, iniciou as xestións para recuperar a fonte, como unha das actuacións que o seu departamento está desenvolvendo para recuperar o noso patrimonio.
venres, 18 xan 2008
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este venres, ao remate da reunión do Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións do Concello de Vigo, o programa de prevención das drogodependencias que se está desenvolvendo no ámbito escolar neste curso 2007-2008.
venres, 18 xan 2008
O alcalde, Abel Caballero, recibiu este venres de mans dos nenos do Colexio Maristas un libro baixo o título "Se eu fora alcalde". Os rapaces foron os encargados de escribir cada capítulo coas iniciativas que levarían a cabo desde a Alcaldía. Ademais, aproveitaron a ocasión para lle transmitiren as súas propostas, das que Abel Caballero "tomará nota". O alcalde mostrouse "encantado" de participar nesta xornada.
venres, 18 xan 2008
O pintor Lino Lago ofrece a partir deste venres na Casa das Artes unha selección de obras realizadas desde o ano 2000 ata hoxe. Unha mostra que busca provocar unha recapacitación do vivido e do sentido, onde o meditado oficio de pintar é simplemente o final dun proceso de observación privado.
venres, 18 xan 2008
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, doou este venres os 8.550 euros que lle corresponden como membro da Comisión Liquidadora de EMAVISA pola liquidación do seu contrato.
venres, 18 xan 2008
El pintor Lino Lago ofrece a partir de este viernes en la Casa das Artes una selección de obras realizadas desde el año 2000 hasta hoy. Una muestra que busca provocar una recapacitación de lo vivido y de lo sentido, donde el meditado oficio de pintar es simplemente el final de un proceso de observación privado.