Escoitar

A Relación de Postos de Traballo da Xerencia de Urbanismo para 2008 contempla seis novas prazas e a supresión de catro

A Relación de Postos de Traballo (RPT) da Xerencia Municipal de Urbanismo para 2008, da que se deu conta na reunión do Consello deste organismo autónomo este xoves, establece un cadro de persoal de 42 prazas. Con respecto á vixente, a nova RPT contempla como principais modificacións a supresión de catro postos e creación de seis.

xoves, 24 xan 2008
1201183606xeren240108.jpg
Os postos que se suprimirían son o de xefe de negociado de Seguimento, Control e Arquivo de Expedientes, o de técnico superior de Servizos Económicos, o de arquitecto no Servizo de Obras e Proxectos Municipais, e o de xefe de servizo de Disciplina Urbanística. Estes postos eliminaríanse para crear postos novos que se consideran de maior necesidade na estrutura organizativa da Xerencia.

Os postos que se crearían son o de alguacil-notificador, programador informático, administrativo, arquitecto técnico, técnico de Administración Xeral e xefe de Servizo de Obras e Proxectos Municipais. A creación deste último posto suporá a necesidade de transformar na relación de postos de traballo do Concello a actual Xefatura de Obras e Proxectos Municipais nunha xefatura para o Servizo de Barrios Históricos.

Outras modificacións incluídas na nova RPT son a transformación de catro postos de auxiliares administrativos (grupo C2) en catro postos de administrativo (grupo C1), para a súa dotación por promoción interna, e a transformación do posto de xefe de Negociado de Disciplina Urbanística en xefe de Negociado de Licenzas de Obras.
Descargar todas as imaxes