Vigo acollerá o 12 de xullo a proba de 10.000 metros do Campionato de España de Atletismo
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou este xoves que a cidade de Vigo será sede da proba de 10.000 metros do Campionato de España de Atletismo, nas categorías masculina e feminina, o día 12 de xullo. "Coa participación de deportistas do máis alto nivel, Vigo poderá gozar dun espectáculo deportivo de primeiro nivel, nun momento decisivo, xusto antes da celebración da Olimpiada de Pekín", salientou o concelleiro.
"Vigo sempre ten destacado por ter grandes fondistas e precisamente do atletismo saíron o maior número de participantes nas Olimpiadas de Galicia, como Carlos Pérez, Álvarez Salgado, Alejandro Gómez, Carlos Adán, Estela Estévez e Julia Vaquero", sinalou Xabier Alonso, quen lembrou que ter acadado que en Vigo se celebre esta proba o vindeiro mes de xullo supón un paso moi importante de cara á consecución da candidatura que representará a España na disputa internacional para ser sede da Universiada. Neste sentido, manifestou que España ten demostrado un gran potencial nas probas de fondo, só por detrás dos países africanos.
O concelleiro de Deportes manifestou tamén o seu propósito para conseguir que o Trofeo Cidade de Vigo de atletismo sexa un referente nos eventos deportivos da cidade e que os cidadáns disfruten co espectáculo que ofrece.
Descargar todas as imaxes
O concelleiro de Deportes manifestou tamén o seu propósito para conseguir que o Trofeo Cidade de Vigo de atletismo sexa un referente nos eventos deportivos da cidade e que os cidadáns disfruten co espectáculo que ofrece.