O tenente de alcalde presente ante o Comité Olímpico Español a candidatura á Universiada Vigo 2013
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez presentou este venres en Madrid ante o presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco Bravo, o proxecto da candidatura de Vigo para se converter na sede oficial da Universida de Verán en 2013.
Na xuntanza, Domínguez Olveira estivo acompañado polo concelleiro de Deporte, Xavier Alonso; a vicerreitora de Extensión Cultural, Mª do Carme Cabeza; o director do proxecto, Roberto Álvarez; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos e o director do Instituto Municipal de Deportes; José Ángel Otero.
Santiago Domínguez explicoulle ao presidente do COE a proposta de Vigo e o calendario de actuacións que a cidade está levando adiante para conseguir a candidatura oficial, primeiro por parte do Consejo Superior de Deportes (CSD) e logo pola Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU). O tenente de alcalde salientou, como garantía, a gran capacidade organizativa de Vigo no eido deportivo, con exemplos claros como a recente saída da Volta Ciclista a España, a Volvo Ocean Race ou a Copa do Mundo de Saltos, entre outros.
Pola súa banda, Alejandro Blanco dixo sentirse ilusionado, como galego que é, porque este tipo de proxectos saian de Galicia. O presidente do COE amosou en todo momento o seu grande interese pola proposta e destacou, ademais, a importancia que teñen este tipo de iniciativas para garantir o futuro do deporte na Comunidade Autónoma. Na entrevista, que se prolongou preto de 45 minutos, intercambiáron obsequios en recordo deste encontro, caracterizado en todo momento por un ambiente moi cordial.
Durante a tarde, a comitiva desprazouse ata a Federación Española de Atletismo, onde foron recibidos polo seu presidente, Jose Mª Odriozola Lino. Neste caso, a presenza do presidente da Federación Galega de Atlestimo, Isidoro Hornillo, foi dobremente destacada, non só pola presentación do proxecto senón tamén pola súa experiencia como ex deportista e participante en dúas universiadas. Esta xuntanza enmárcase dentro da rolda de visitas que o equipo de traballo iniciou coas federacións deportivas implicadas na Universiada e que comezaron a pasada semana coa presenza en Vigo do presidente da Federación Española de Baloncesto, Jose Luis Sáez Regalado.
Por outra banda, o equipo de traballo ultima xa a visita dunha representación da Comisión técnica do Consejo Superior de Deportes (CSD) a través do Comité Español de Deporte Universitario (CEDU). A comitiva estará en Vigo os vindeiros días 5 e 6 de febreiro para avaliar de primeira man as respostas do Cuestionario obrigatorio entregado o pasado mes de decembro en Madrid e comprobar a calidade das instalacións deportivas existentes e previstas, as infraestruturas e a rede hoteleira, entre outros aspectos.
Descargar todas as imaxes