Cursos de cestería tradicional do CAT
A nova convocatoria de 2008 do Centro de Artesanía Tradicional (CAT) presenta unha oferta formativa para todos os públicos, cun amplo abano de cursos de diferentes niveis, duración e horarios. O obxectivo dos cursos é achegar o alumnado ás variadas formas e técnicas da cestería galega, con especial atención á fabricada na comarca de Vigo.
O CAT leva desenvolvendo dende a súa creación un ambicioso programa de protección, recuperación e divulgacion do patrimonio etnográfico galego, con especial atención á artesanía tradicional. Unha das súas liñas de acción é a formación, que ten como finalidade a transmisión e conservación dos saberes tradicionais. Con esta vocación o CAT convoca anualmente o seu programa formativo en cestería tradicional de Galicia. A oferta para 2008 divídese nos seguintes tres bloques:
Cursos xerais
Dirixidos a todas aquelas persoas que queiran achegarse ás técnicas, materiais e obxectos realizados polos artesáns cesteiros:
- Coas mans nos cestos. Iniciación á cestería de vimbio. 60 horas
- Cestería rural e mariñeira. Cestos en castiñeiro, palla e vimbio. 100 horas
- Madeiras de cestear. Introdución ás técnicas en madeira fendida. 100 horas
Cursos mongráficos de iniciación
Destinados a todas aquelas persoas sen coñecementos de cestería que queiran aprender os rudimentos básicos de elaboración de antigos obxectos da vida cotiá:
- Cestería de palla. Cesta do gran. 48 horas
- Cestería de vimbio. Canistrelo. 40 horas
- Cestería de madeira fendida. Cesta de medida. 60 horas
- Cestería de uso doméstico. Abano, paneira, froiteiro e bandexa. 60 horas
Cursos monográficos de especialización
Dirixidos a persoas con coñecementos de cestería que queiran mellorar os seus recursos técnicos ou aplicar os saberes tradicionais á artesanía de creación e deseño:
- Paxe de carballo. 24 horas
- Paxe de viveiro. 24 horas
- Cesta mixta. 24 horas
- Cesto de Muros. 24 horas
- Cestón do Morrazo. 24 horas
- Técnicas tradicionais para a nova cestería: a palla. 48 horas
- Técnicas tradicionais para a nova cestería: o vimbio. 48 horas
Seminario "Antonio Suárez Davila
Fóra desta programación xeral, o CAT oferta a segunda edición do seminario de recuperación de cestería tradicional "Antonio Suárez Davila". Nela, o único cesteiro en activo da cidade, Antonio Suárez Davila, transmitirá os seus coñecementos sobre a cestería en vimbio, nos que se recollen saberes e técnicas ancestrais.
Con este seminario o CAT quere, por unha banda, formar un grupo de cesteiros que conserven e transmitan á súa vez todo este saber de séculos, e por outra vai desenvolver unha liña de investigación de cara á recuperación de pezas esquecidas da cestería tradicional de Galicia, especialmente da producida en Vigo.
As persoas interesadas terán que porse en contacto teléfonico co CAT para concertar unha entrevista cos técnicos do centro para a súa selección.
Información xeral
Todos os cursos son gratuítos, polo que se establecerá unha rigorosa orde de entrada das solicitudes realizándose ademais unha lista de espera. Os cursos impartiranse no CAT (r/ Subida ao Castelo, 10. 36202, Vigo). Os interesados poden apuntarse enviando o boletín de inscrición ao CAT por correo ou por fax ao número 986 224 003, e a través da web do CAT (www.vigo.org/artesania). Unha mesma persoa só poderá optar a un máximo de tres obradoiros á vez. O prazo de inscrición está aberto todo o ano ata cubrir prazas. A lista de admitidos será exposta no CAT e na web www.vigo.org/artesania a medida que se vaian cubrindo as prazas.
Descargar todas as imaxes