xoves, 20 decembro 2007

O Show dos Lunnis e ‘Wanted’, pratos fortes do Nadal

xoves, 20 dec 2007

Os pratos fortes da programación que o Concello organiza con motivo do Nadal terán lugar o 2 de xaneiro, coa chegada a Vigo do Show dos Lunnis, e o día 3, co espectáculo cómico ‘Wanted’, a cargo de Santi Rodríguez, Santi Millán e Agustín Jiménez. Ambas as citas terán o Pavillón das Travesas por escenario.

O sábado comeza o ciclo de Concertos de Nadal de corais polifónicas e bandas de música no Auditorio Municipal

xoves, 20 dec 2007

Este sábado, 22 de decembro, ás 20.00 horas, o Auditorio Municipal acollerá a primeira actuación programada no ciclo de Concertos de Nadal, a cargo das corais polifónicas e as bandas de música. Nesta ocasión serán a Coral Polifónica Anduriña de Coruxo e a Banda de Música Unión Musical de Coruxo as agrupacións encargadas de interpretar valses e panxoliñas típicas destas datas.

Ofertas de lecer para mozos e mozas

xoves, 20 dec 2007

Coa chegada das vacacións de Nadal, os mozos e mozas de Vigo queren pasalo ben e aproveitar o tempo libre do que dispoñen. Para iso, o programa da Concellaría de Xuventude "Tardes e Noites Vivas" oferta un gran abano de alternativas nas que poder participar.

A candidatura de Vigo á Universiada acada o respaldo político, social, económico e deportivo de toda a cidade

xoves, 20 dec 2007

Ante a presenza dunha ampla representación dos ámbitos políticos, empresariais, sociais e deportivos, o Centro Social Caixanova foi onte o escenario elixido para presentar a imaxe oficial coa que Vigo defenderá a súa candidatura para acoller a celebración da Universiada de Verán no ano 2013, proxecto que impulsa o tenente de alcalde, Santi Domínguez. Tamén onte se presentou diante do Consello Superior de Deportes o cuestionario obrigatorio esixido ás cidades candidatas, un documento de 238 páxinas ensamblado nun bloque de metacrilato.