Ofertas de lecer para mozos e mozas
Coa chegada das vacacións de Nadal, os mozos e mozas de Vigo queren pasalo ben e aproveitar o tempo libre do que dispoñen. Para iso, o programa da Concellaría de Xuventude "Tardes e Noites Vivas" oferta un gran abano de alternativas nas que poder participar.
O venres 21 e o sábado 22, dende as 17.00 ata 01.00 horas, en diferentes espazos da cidade realizaranse obradoiros diversos onde se aprenderán a facer obxectos cos que agasallar nestas datas: porta-candeas, cinceiros de refugallo, postres de Nadal, chapas, broches, retoque de fotos, arte floral e xabóns aromáticos.
Para os que xa teñen os agasallos preparados haberá outras alternativas de lecer como bailes, masaxe erótica, tai-chi, aerobox, parkour, xogos, deportes e acceso ás novas tecnoloxías, entre outras.
Por outra parte, xa queda pouco para o sorteo de 25 MP4, 20 marcos dixitais, 20 altofalantes con webcam e micro e tres bicicletas pregables. Para poder participar neste sorteo hai que cubrir unha tarxeta que se pode atopar en calquera das sedes do programa "Tardes e Noites Vivas".
Máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), teléfono: 986 294 806, correo electrónico: xuventude@vigo.org. Páxina web: www.xuventudevigo.org.